Baiona acollerá a próxima fin de semana, entre os días 3 e 5 de marzo, a celebración da 27 edición da festa da arribada no seu 530 aniversario, na que se espera contar cun gran número de visitantes, que poderán participar nos talleres, animacións e exposicións organizados, así como no Foro Iberoamericano que se ofrecerán en días previos.
A presentación tivo lugar este venres na vila, onde interviñeron o alcalde, Carlos Gómez Prado; a concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte; o director de Abanca Baiona, Francisco Javier Rodríguez Castro e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Marcos Comesaña.
Aínda que o evento en si arrinca o 3 de marzo, o día o dia anterior celebrarase o II Foro Iberoamericano Uruguai-España-Baiona que promete reunir no Parador Conde de Gondomar a destacadas personalidades económicas e financeiras de Uruguai, España, Galicia e Baiona.
O rigor histórico será o fío condutor da festa, así a Real Villa inicia a súa viaxe para revivir un dos momentos históricos que marcaron non só a súa propia historia senón o devir do mundo occidental: a Arribada da Carabela Pinta de Martín Alonso Pinzón coas noticias da existencia dun “novo mundo”.
O evento por excelencia de Baiona e unha das grandes festas do ano en Galicia e chega con importantes novidades:
A Festa da Arribada da un salto de calidade coa creación por parte da organización dun novo espazo gastronómico no paseo ribeira onde se poderá degustar viandas oficiais da festa dulces e salgadas:
• “A Taberna de Ultramar” de Cátering Galicia coas viandas mariñeiras da Arribada.
•“Os Panizos Indios” de Yajoma obrador
• “Café e chocolate das Indias Orientais” de Siboney (Tostadores Galegos de Selectos Cafés).
Este mesmo escenario, albergará os postos de venda dos xa tradiconales “Ñoclos de Pinzón” de Rosita Cristaleiro e “Las Tortas de Sarmiento e o Pan dos Clérigos”de Tupana Obradoiro. Así mesmo, a nova carpa acollerá a mostra da cartelería de todas as edicións da Festa da Arribada.
Baixo os arcos do Paseo Ribeira estarán coma tódolos anos a Parada dos pobos irmáns: Palos de la Frontera, Santa Fe, Pornic, Rafael Freire (Cuba), e Cidades Colombinas CICO.
A Arribada 2023 tamén crece en número de postos, para dar cabida á alta demanda de solicitudes. Por iso, 60 tenderetes do concello de artesanía estarán na rúa Carabela Pinta e Cidade de Vigo mentres que 96 postos propios de comida e artesania repartiranse entre Marqués de Quintanar ,Praza Pedro de Castro e Santa Liberata.
O outro aspecto singular desta festa de Interese Turístico Internacional que acolle Baiona é o seu carácter inclusivo. A concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, destaca “que practicamente o 90% da programación da Arribada é inclusiva: Os grandes espectáculos da arribada, a xusta medieval a representación teatral e o conto do boi xulian contará con interprete de lingua de signos, unha aposta pola inclusión da concellería de cultura do concello de baiona para que este evento que atrae en cada edición centos de persoas á contorna da praia de ribeira poida ser gozado por todas e todos. Neste sentido, Costas Iriarte quixo sinalar que unha zona das bancadas situadas no paseo ribeira estarán reservadas para persoas con discapacidades
“Este ano, viviremos unha Arribada sen restricións. A vinte e sete edición suporá un salto cualitativo da celebración e a culminación das melloras implementadas en 2022. Seguiremos con esta liña de traballo que tan bos resultados reportounos. Todas e todos nos involucraremos, para que como pobo, sexamos capaces de impulsar a definitiva recuperación económica do noso municipio”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Volve á axenda da programación o Gran Desfile Medieval coa participación autoridades ,asociacions da vila e todos os grupos de animación que participán no Real Mercado Medieval da Arribada, con saída desde a entrada do parador ás 12:00h do sábado día 4 de marzo.
A diversión infantil arribará a Baiona durante toda a fin de semana:
Baiona convértese durante toda a fin de semana nun gran parque temático de lecer e aventura con variadas propostas de entretemento en diferentes puntos da vila. A este respecto, outra das grandes novidades de está edición é a creación da Morada de Boi Xulián no Parque da Palma. Os máis pequenos, poderán visitar a casa da mascota oficial de Baiona, que se presentou na pasada edición con gran éxito. Neste novo emplazamento poderán gozar ao longo dos tres días de celebración de distintos espectáculos pensado para o goce do público familiar como: contacontos sobre a historia do Boi Xulián e o seu vínculo coa vila; o Espectáculo familiar “Terra á vista” musical sobre a historia do Boi Xulián e os seus antepasados ou o photocall co Boi…
O parque de aventuras e atraccións medievais; o campamento de Adestramento de Cabaleiros; a Alameda dos Aprendices; a Zona Ludopuzzle; o Campamento Militar Medieval; espectáculos de marionetas…son outras das animadas propostas.
Para finalizar, o alcalde de Baiona,Carlos Gómez, destacou que a Real Vila volve a 1493 os días 3, 4 e 5 de marzo, nunha festa que “non é do Concello, senón de todas as veciñas e veciños de Baiona”. O rexedor baionés convida a todos e a todas a gozar dunha Festa da Arribada que converterá á localidade “nun auténtico burgo medieval que nos permitirá realizar unha viaxe no tempo que non deixará indiferente a ninguén”.
A continuación, pode descargarse a programación da Festa da Arribada 2023:
Programa Castellano Arribada 2023
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal