Este sábado 01 de xullo ás 22:30h a praza do Concello acolle o 7º “Festival Vila de Baiona” organizado pola Asociación Folclórica Vila de Baiona.
As e os asistentes poderán gozar do mellor baile e música folclórica tradicional. Entre os grupos participantes atópanse o Grupo de Coros y Danzas Virguen de La Guía (León)), a propia A.F. Vila de Baiona, as Pandereteiras de Monte Boi e A Seneira.
Desde a A.F. Vila de Baiona preséntanos unha cartelería moi especial e inclusiva: O cartel incorporaron un código QR pAra discapacitados visuais. Ao activalo, enlaza ao youtube da asociación onde se pode escoitar a información do cartel.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal