A concellaría de Cultura do Concello de Baiona, a través da Biblioteca Pública Municipal, celebra o Día das Escritoras, coa celebración dunha actividade que leva por título “Encontros con Iria Misa”.
Por primeira vez a Biblioteca Municipal organiza un Club de Lectura dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos. A escritora Iria Misa será a encargada de guiar aos máis pequenos en dúas bonitas lecturas. O primeiro encontro coa escritora será o 15 de novembro ás 18:00 horas na sala infantil, onde Iria comentará e fará unha lectura do seu libro” Unha veciña de película” de Ed. Xerais (2023). A segunda sesión será o venres 13 de decembro tamén ás 18:00 horas e nesta ocasión no encontro a literata comentará e fará unha lecturas do seu exemplar “A cidade do átomo” de Ed. Xerais 2021.
Este mércores 16 de outubro, Día das Escritoras, a Biblioteca Pública Municipal de Baiona abrirá o período de inscrición previa para participar na actividade até o 31 de outubro. Durante estes días a Biblioteca porá a disposición de todos aqueles menores interesados exemplares de ambos os libros.
A Biblioteca Municipal de Baiona quixo sumarse ao Día das Escritoras, unha iniciativa da Biblioteca Nacional en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE), e a Asociación Clásicas e Modernas. Neste día conmemorativo, no que se vai a presentar esta actividade e coa posta en marcha da mesma, preténdese reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia facendo protagonista á nosa escritora Iria Misa.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal