A Biblioteca Municipal de Baiona recoñecerá aos lectores e lectoras máis asiduos, atendendo aos datos que rexistraron os seus arquivos estadísticos nun acto que terá lugar o vindeiro mércores 23 de outubro para conmemorar o Día das Bibliotecas.
A concellaría de Cultura responsable do Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Municipal de Baiona Sancti Spiritus é a encargada de organizar este bonito acto. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, farán entrega dun libro en recoñecemento a cada un dos lectores e lectoras máis activos no ano 2024, na categoría adulto e na categoría infantil.
Tamén organizou para conmemorar este día dous contacontos: O primeiro deles será o mércores 23. Caxoto será o encargado de ofrecer unha función chea de animais, pequenas historias e cancións para recrear o día a día na granxa de Xan. Un contacontos para bebés de 0 a 3 anos que comezará ás 18 horas. Os menores terán que ir acompañados por un adulto. O día 24 á mesma e para menores a partir de 3 anos, Juan Juste narrará e interpretase “Non hai cousas de neno e cousas de nena, só de persoas”. Trátase de contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias é a fada Menta, personaxe do Libro das emocións para nenas e nenos, da autora Gemma Lienas, quen autorizou á nosa compañía para representar os seus contos en Galicia. As técnicas utilizadas para a representación son os desplegables Pop-Up e o teatro de papel.
A concellaría de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, ofrece estes contacontos infantís a través do programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal