A Casa da Navegación de Baiona organiza unha xornada para divulgar o estado actual da Cultura Castrexa no Val Miñor.
Unha oportunidade para coñecer o que hai e como está, da man dos especialistas.
A asistencia é de balde ata completar aforo, polo que é necesario inscribirse a través do 986 356688 ou do correo electrónico: museo.navegacion@baiona.gal
Sabes que en Baiona hai 5 castros?
Se queres saber máis destes primeiros poboados prehistóricos, temos unha cita o próximo sábado 15 a partir das 10:00 da mañá. Poderás pedir información aos especialistas que se van reunir no auditorio da Casa da Navegación.
XORNADA
A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN E RETOS SOCIAIS
Sábado 15 de Abril. Casa da Navegación de Baiona
A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN |
||
10:00 |
Rosa Villar Quinteiro |
Os Castros do Val Miñor. Estado da cuestión. |
10:45 |
Darío Peña Pascual |
Escavacións no Castro de Chandebrito. Nigrán |
11:45 |
Rosa Villar, Nicolás Villacieros Robineau |
O Castro de Panxón |
12:45 |
Pausa cafe |
|
EXPERIENCIAS DE POSTA EN VALOR DUN CASTRO |
||
13:00 |
Rafael Rodríguez |
O Castro de Santa Trega, A Guarda. |
BREVES RESEÑAS DOS POÑENTES
Rosa Villar Quinteiro: Directora da Casa da Navegación. Doutora en Arqueoloxía.
Darío Peña Pascual: Árbore Arqueoloxía. Arqueólogo.
Nicolás Villacieros Robineau: Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. Investigador da ondada e as correntes costeiras e seus efectos físicos, biolóxicos e xeoquímicos.
Rafael Rodríguez: Deputación de Pontevedra. Arqueólogo.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal