O Concello de Baiona, a través da Concellaría de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante os meses de verán para todos os públicos.
Este ano introduce novos itinerarios. Entre eles, e tras a exitosa posta marcha en Semana Santa e no mes de xuño, a concejalía dará continuidade durante o verán á nova visita guiada na península de Santa Marta, “Seguindo os pasos de Drake”, orientada a un público infantil para realizar en familia, na que nais, pais e fillos/as participen conxuntamente na visita, pasando un intre agradable coñecendo un pouco da historia local. Esta visita centrarase na chegada do corsario inglés Francis Drake a esa zona e explicaranse os elementos significativos do lugar, todo iso, de forma didáctica a través de xogos, adivinanzas,…
Tras a gran acollida entre o público infantil e os seus proxenitores desde a concellaría se ha decido ofrecer esta mesma visita ao público adulto en xeral.
VISITAS GUIADAS SEGUINDO OS PASOS DE DRAKE (SANTA MARTA)
O punto de encontro para a saída será no posto de salvamento da praia de Santa Marta ás 11:00 horas. Ofreceranse os seguintes días:
Sábado: 13 (visita público xeneral/adultos) e 27 de xullo(visita infantil) de xullo
Sábado: 3 (visita público xeneral/adultos), 17 (visita infantil) e 24 (visita público xeral) de agosto
VISITAS GUIADAS POLA VIRXE DA ROCHA
Outras das novidades ofertadas pola concellaría de Turismo son as visitas guiadas da Virxe da Rocha, uns dos monumentos emblemáticos da vila. Un guía acompañará aos participantes desde a oficina municipal de turismo durante todo o percorrido até o monumento. O punto de encontro da saída será os exteriores da oficina de turismo ás 11:00 horas. Ofreceranse os seguintes días: Sábado: 20 xullo e 10 e 31 de agosto.
VISITAS GUIADAS POLO PASEO MONTE BOI
Tras a posta en marcha o pasado verán e despois da gran acollida entre o público volverá o itinerario polo paseo do Monte Boi.
A actividade terá lugar os venres 5 e 12 de xullo e o 2, 23 e 30 de agosto e consiste nun percorrido circular por todo o paseo para pór en valor todo o seu patrimonio histórico, tradicional e natural a través de explicacións sobre a Fortaleza e a súa importancia, pero tamén sobre a costa de Baiona, a súa vexetación e curiosidades. OP unto de encontro é o exterior da oficina de turismo de Baiona ás 11:00 horas.
VISITAS GUIADAS Ao CENTRO HISTÓRICO
Así mesmo, a cidadanía de Baiona e as persoas visitantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural do municipio acompañados por unha guía oficial durante os mércores de xullo e agosto ás 11:00 horas polo Centro histórico de Baiona. No mes de setembro serán os sábados. O punto de encontro para a saída será o exterior da oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador).
Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira, cun percorrido polo Centro histórico finalizando no paseo marítimo.
Todas as visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal // Ou chamando ao teléfono: 986 68 70 67
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal