O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada escritora, filóloga e violinista. O seu legado literario abarca poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, así como destacadas contribucións como articulista e ensaísta. A súa obra singular e sólida convértea nunha das grandes figuras da literatura galega xurdida nas últimas décadas do século XX.
No Concello de Baiona, a través da Biblioteca Pública Municipal, sumámonos a esta merecida homenaxe coa celebración do espectáculo “Tinta do Mar. Pequena biografía de Luísa Villalta”, unha sesión de narración oral a cargo de “Polo Correo do Vento”. A través de contacontos ilustrados e música, este evento ten como obxectivo dar a coñecer a vida e obra de Luísa Villalta, complementando así o seu libro “Tinta do Mar, pequena biografía de Luísa Villalta”, do que son autores xunto a Tania Solla.
🎟 Gratuíto, non require inscrición previa e ata completar o aforo.
📍Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona
🗓️ Mércores 15 de maio
⏰ 18:00