A Capitanía Marítima de Baiona acolleu a inauguración da exposición “A Illa dá Memoria”. Esta actividade está enmarcada dentro da programación organizada pola Concellaría de Cultura dedicada en exclusiva á memoria histórica do BaiOutono.
A mostra, creada por Antón Caeiro e con carácter itinerante, recolle nunha decena de paneis o pasado da illa de San Simón como campo de concentración durante a Guerra Civil española e na posguerra, de 1936 a 1943.
A exposición poderase visitar en horario de 16:00 a 19:00h de luns a sábado na Capitanía Marítima de Baiona, sita na Rúa Elduayen, número 20.
Lembrar para non repetir
Na inauguración, o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, puxo de manifesto la necesidade de lembrar “as persoas que pagaron mesmo coas súas vidas un período tan desgraciado para todos nós”. Carlos Gómez Prado asegurou que a memoria histórica ten que servir “para que feitos así non se repitan nunca” e nesa liña ve imprescindible “un esforzo de todos e todas por reforzar cada día la democracia e que ningún réxime ditatorial volva encher as nosas vidas de tristeza, morte e escuridade”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal