O mércores 5 de outubro, ás 18:00 h. a Biblioteca P.M. de Baiona acollerá un contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Contaremos cunha narradora excepcional, Charo Pita, para achegarnos unha historia co “cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois… no nariz” que se titula“A formiga na barriga”.
Rimas, historias, xogos e cancións con vitamina I de imaxinativas para ir coñecendo o corpo e toda a fauna que nos arrodea.
Para participar deberedes inscribirvos na biblioteca, as prazas son limitadas, e cada neno/a debe de estar acompañado dun adulto durante o contacontos.– Tlf: 986 35 59 43
A actividade é de balde.
Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal