A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa de que ata o 23 de setembro o alumnado interesado en facer a matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2022/2023 poderán facelo en horario de 9.00 a 14.00 h.
A matriculación levará a cabo no propio centro situado na rúa Alferez Barreiro nº20-21, onde as persoas interesadas terán acceso aos impresos correspondentes.
Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…
A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: Frauta travesera, gaita, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, violín, viola, canto … ademais este próximo curso a Escola ofrece Batucada, Banda e Coro…
Para máis información poden poñerse en contacto a través do teléfono 986356081.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal