
6.500 EUROS EN PREMIOS SERÁN REPARTIDOS EN BAIONA ENTRE AS COMPARSAS PARTICIPANTES NO CERTAME QUE SE CELEBRA O SÁBADO DÍA 3 DE FEBREIRO.
A Concellería de Festexos do Concello de Baiona, abre o prazo de presentación de solicitudes para o Concurso de Comparsas do “ENTROIDO BAIONA 2024” que terá lugar na Vila o vindeiro sábado 3 de febreiro co tradicional desfile de comparsas, que como ven sendo habitual, partirá dende a Avda. Urbana de Sabarís ás 17 h. en dirección ao centro da vila onde rematará no paseo Ribeira. Acto seguido, e mentres delibera o xurado terá lugar polas rúas principais da vila o tradicional enterro da sardiña que rematará no praia Ribeira.
As solicitudes poderán presentarse dende hoxe xoves 11 de xaneiro existindo un límite máximo de participantes de 20 solicitudes que serán admitidos por rigoroso orde de solicitude. As comparsas admitidas deberán estar integradas por un mínimo de 12 compoñentes e os premios repartiranse tal e como figura nas Bases da convocatoria, do seguinte xeito:
1º PREMIO: 900 EUROS
2º PREMIO: 650 EUROS
3º PREMIO: 500 EUROS
4º PREMIO: 400 EUROS
5º PREMIO: 300 EUROS
Entre as demais comparsas participantes, repartiranse as seguintes axudas en concepto de participación:
De 81 a 100 compoñentes, 300 euros.
De 61 a 80 compoñentes, 250 euros.
De 41 a 60 compoñentes, 200 euros.
De 21 a 40 compoñentes, 150 euros.
De 12 a 20 compoñentes, 100 euros.
Toda a información sobre as bases e documentación necesaria atopase publicada no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, dende hoxe xoves 11 de xaneiro. A inscrición para participar, deberá formalizarse na oficina do Rexistro do concello de Baiona en horario de 9:00-14:00h ou na Sede electrónica desde o 11 de xaneiro e ata o 1 de febreiro de 2024 como data límite.





