Desde este venres 10 de xaneiro ata o vindeiro luns 10 de febreiro ambos inclusive, estará aberto o prazo de inscricións para participar no Real Mercado Medieval da Arribada 2025.
Todas aquelas persoas, entidades e colectivos que o desexen poderán solicitar posto de venda no Real Mercado Medieval que este ano cumpre o seu XXIX Edición e na que se conmemora o 532 Aniversario da Arribada.
A Festa celebrarase o 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2025. Poderanse descargar tanto as bases Reguladoras como a solicitude (Anexo I e II) na páxina web www.baiona.gal e no taboleiro de anuncios do Concello de Baiona a partir do venres 10 de xaneiro.
Así mesmo, para dúbidas e aclaracións habilitarase un correo electrónico mercadoarribada@baiona.gal e un teléfono de consultas 699199400 de luns a venres en horario de mañá.
A organización da festa xa está a traballar para que o 532 Aniversario da Arribada conmemórese como se merece, ao grande.
CONCELLO DE BAIONA
Solicitude oficial Festa da Arribada 2025
Bases Reguladoras Festa da Arribada 2025