O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza varias actuacións para celebrar o Día das Letras Galegas.
Hoxe, noite previa á celebración, programouse a actuación da orquestra “Capitol” no parque de “A Palma” a partir das 22:30hrs.
Mañá, martes 17 de maio o propio Día das Letras Galegas, a praza do Concello acollerá ás 20:00hrs a actuación de Xisco Feijoo.
Festival “Baidemuiñeiras” o 20 de maio
Coincidindo coa semana na que se celebra o Día das Letras Galegas, o sábado 20 de maio, a praza do Concello de Baiona acollerá ás 17:30h unha ruada e xa ás 18:00h dará comezo o espectáculo de danza tradicional.
A Asociación Folclórica “Vila de Baiona” organiza o festival en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Está X edición contará coa actuación do Grupo Folclórico “O Mosteiro”, “As Falcatrueiras”,a Asociación Cultural “A Seneira”, as Pandereteiras de “Monteboi” e a propia Asociación Folclórica “Vila de Baiona”, estas tres últimas da nosa Vila.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal