
O vindeiro venres 7 de agosto ás 20:00H, o auditorio da Casa da Navegación de Baiona acollerá a Almudena Solana, Doutora en Xornalismo e escritora, que nos presentará a súa última novela “Viaxe á Ausencia”, publicada por Tres Irmás e que presentará Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona.
Natural de Tui, Almudena Solana pasa gran parte do seu tempo en USA, Madrid ou outros lugares aos que lle leva a súa profesión. Inicia o seu camiño como novelista en 2002 coa obra O currículo de Aurora Ortiz, traducida ao inglés en 2005 e adaptada ao teatro no Reino Unido. Seguiron As mulleres inglesas esnaquizan os tacóns ao andar (2007), A importancia dos peixes fluorescentes (2009) e Efectos secundarios (2013).
Viaxe á Ausencia é quizá a súa obra máis privado e intimista na que comparte a xeografía da ausencia, como vivencia tras a morte do seu pai, pero desde unha mirada poética. Almudena Solana utiliza unha linguaxe lírica cargada de imaxes sensoriais e referencias culturais para destacar o impacto da ausencia. A súa novela Viaxe á Ausencia expón o duelo como unha “viaxe extraordinaria” a un mundo íntimo de detalles e recordos.
«Nesta Viaxe á ausencia, esa conversación en silencio co pai desaparecido, Almudena Solana alcanza a súa máxima dimensión como escritora e emociónanos de principio a fin».
—Julio Llamazares
Concello de Baiona





