O historiador local Anxo Rodríguez Lemos recibiu o alumnado do I.E.S. Primeiro de Marzo de Baiona no hall do Concello de Baiona nunha visita guiada pola mostra etnográfica que percorre o proceso do liño en Galicia. O estudantado estivo acompañados polo profesorado do departamento de Ciencias Sociáis e outros visitantes que se incorporaron a explicación.
A exposición guiada poderá ser visitada con previa cita contactando co Departamento de Cultura do Concello de Baiona por todos aqueles colectivos sociais e escolares interesados ata despois de Semana Santa.
A mostra etnográfica “Da terra ao tear” o traballo do liño en Galicia, colección Anxo Rodríguez Lemos formou parte da programación da festa da Arribada 2023 e tuvo unha gran acollida entre o público.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal