Dentro das actividades que nos trae, para este verán, o Concello de Baiona dentro da súa axenda cultural Baiverán, atópanse catro rutas guiadas organizadas polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que nos permitirán coñecer a nosa contorna da man de persoas expertas.
O vindeiro venres 9 de xullo dáse o pistoletazo de saída ás coñecidas como “Xeiras dou Verán do IEM”. Ás 18:30h, Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doctorando na USC e miembro do IEM, ofrecerá unha ruta baixo o título “ Orixes do Mosteiro de Oia. Ermitaños en San Cosme”.
O punto de encontro será en Chan da Lagoa. O historiador baionés fará unha aproximación á vida dos monxes do m onasterio de Santa María, a primeira comunidade ermeritoria en San Cosme alá polo Século VI. Así mesmo, Rodríguez Lemos fará a acódelas asistentes un percorrido que transcorrerá cun completo e pormenorizado relato histórico pola aldea medieval de San Cosme e a súa eremitorio unificado ao mosteiro de Oia. A ruta terminará na Fonte Santa.
Estará presente un intérprete de linguaxe de signos para persoas xordas.
Para participar é imprescindible a inscrición previa na Oficina de Turismo ao haber número limitado de prazas debido ás medidas preventivas ante a COVID-19, recollidas no DOG. 120 do 25 de xuño.
Quedan poucas prazas dispoñibles para esta primeira ruta.
INSCRICIÓNS:
As inscricións poden facerse a través dos seguintes medios:
• Email: oficinadeturismo@baiona.gal
• Teléfono: 986 68 70 67
• Presencialmente na oficina de turismo de Baiona no seguinte horario: luns, de 10:00 a 14:00; martes e mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. A partir do 1 de xullo o horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
RUTAS
ORIXES DO MOSTEIRO DE OIA: ERMITAÑOS EN SAN COSME
O punto de encontro será en Chan de Lagoa.
Ruta dirixida por Anxo Lemos.
Data: 9 de xullo.
POLOS CUMES DA GROBA: NATUREZA E PATRIMONIO
O punto de encontro será en Chan de Lagoa.
Ruta dirixida por Xilberte Manso e Xosé Ramón García.
Datas: 23 de xullo e 13 de agosto.
A VIRXE DE CELA: A HISTORIA QUE CHEGA POR MAR
O punto de encontro será a Igrexa de Baredo
Ruta dirixida por Anxo Lemos
Data: 27 de agosto
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal