O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, desvela a programación da Gala das Festas da Anunciada 2023 para a que están programados os concertos gratuítos de Ana Guerra, “El Arrebato” e Rosario Flores. A estas actuación precederánlle a posta en escena como teloneiros de distintos grupos de música locais.
As festas patronais de Baiona celebraranse entre o 4 e o 7 de agosto, e o epicentro das actuacións será o parque de “A Palma”.
Desde o Concello de Baiona apostouse por unha programación para todos os públicos con artistas de proxección nacional e internacional aos que dará o pistoletazo de saída, o venres 4 de agosto, a actuación de Rosario Flores. Estará acompañada do grupo local “Seitura”, que a partir das 23:00 porá ritmo a primeira xornada das festas e ás 23:30h está previsto o concerto da filla de Lola Flores.
O sábado, día 5 de agosto, ás 22:30 horas “The Mirror” dará comezoo concerto, no parque da Palma. Ás 00:00h do domingo 6 de agosto, terá lugar a gran tirada de lume de lucería e ás 00:30h será o concerto de Ana Guerra.
O domingo, día 6, a partir das 22:00h o grupo “La Patrulla” serán os teleneiros de “El Arrebato”. As Festas da Anunciada 2023 alónganse un días maís, ata o luns día 7, coa actuación do luns pola noite da orquestra “Mar Azul”.
“As Festas da Anunciada 2023 contarán cun gran programa de concertos, todos gratuítos, abarcando diversos estilos musicais, con grupos e cantantes de primeiro nivel, grandes estrelas da música. Desde o Concello tamén apostase para que grupos musicais locais actúan como teloneiros destes artistas para que promocionen a súa música na súa Vila. Serán días intensos para gozar dunha ampla programación nas rúas”, sinala Carlos Gómez Prado.
Ao groso de nomes anunciados hoxe sumarase a programación completa dos días grandes Baiona que se dará a coñecer nos próximos días.
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona xa pechou o cartel das festas patronais da Virxe da Anunciada. O Concello de Baiona “recupera totalmente” a súa actividade festiva cunhas Festas da Anunciada na que haberá catro días dunha programación “intensísima” e que encherán as rúas da vila de “música, festa e alegría” durante estes días.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal