Este sábado 2 de xullo ás 21:00h a praza do Concello acolle o 6º “Festival Vila de Baiona” organizado pola Asociación Folclórica Vila de Baiona.
As e os asistentes poderán gozar do mellor baile e música folclórica tradicional. Entre os grupos participantes atópanse o Grupo Folclórico Raíces Urdeñas (Urda.Toledo), a propia A.F. Vila de Baiona, as Pandereteiras de Monte Boi e A Seneira.
Desde a A.F. Vila de Baiona queren preséntarnos nesta edición un cartel da actuación do 6º Festival cunha gran novidade: Incorporaron un código QR pAra discapacitados visuais. Ao activalo, enlaza ao youtube da asociación onde se pode escoitar a información do cartel. Una cartelería moi especial e inclusiva.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal