“Baiona. A mellor música en directo!” comezará o vindeiro venres 4 de decembro ás 19:00h co concerto de “A Patrulla”. O Concello de Baiona, a través da Concellaría de Cultura, organiza unha serie de concertos co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa. Os concertos terán lugar o 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13 de decembro e traerán consigo uns días repletos de música en directo na que participarán un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, rock, pop, etc. que buscarán encher de música a Vila.
As actuacións celebraranse nun único escenario, o instalado na praza do concello, debido ás medidas de seguridade que hai que seguir pola crise sanitaria do COVID-19. O obxectivo é proporcionar actividades de lecer aos veciños e veciñas nunha contorna segura e, para iso, o acceso e o aforamento á carpa estará controlado e tomaranse todas as medidas de seguridade pertinentes.
“Con iniciativas como estas queremos participar na reactivación económica do municipio. Queremos que non se perda o emprego, que non se perdan negocios. Queremos axudar á hostalaría e aos comerciantes baioneses.”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Pola súa banda, la Concelleira de Cultura, Miriam Costas, fai un chamamento á responsabilidade nos eventos lembrando que o aforamento será dun máximo de 75 persoas, cumprindo a normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Tamén aproveita a ocasión para “mandar unha mensaxe de tranquilidade á vecindade e aos que se acheguen a gozar dos concertos xa que se van a por todas as medidas de seguridade e preventivas necesarias. O obxectivo é combinar o lecer coa redución ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia. Baiona é seguro pero sempre apelamos á responsabilidade individual”, comenta a concelleira.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal