A Concelleira de igualdade Yasmina Moreira Costas informa de que ” A caravana Morada “ está instalada no Paseo Ribeira hoxe, venre, 5 de agosto, e mañá, sábado 6 de agosto, e que terá un horario de apertura dende ás 20:00 ás 04:00 horas para dar servizo nas festas patronais da Anunciada.
A caravana do punto lila estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero , integrado por dúas profesionais expertas en violencia de xénero: unha psicóloga xurídica/ criminóloga especialidade en atención vítimas delitos sexuais e unha psicóloga axente de igualdade (Máster en Psicoloxía do Traballo xurídico-forense e intervención social).
Ambas asistirán e asesorarán ás mulleres que así o necesiten e informarán sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal , autonómico e nacional . Asimesmo, ofreceráse un servizo de prevención, información e acompañamento a violencia de xénero.
O obxectivo do punto lila é por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero e por outra parte ofrecer atención técnica, psicolóxica e de coordinación.
O punto Lila Caravana Morada , está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero .
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal