Despois dun intenso verán onde o Concello de Baiona ofreceu un sen fin eventos de todo tipo chega unha nova a programación para gozar da cultura no outono.
Este programa, organizado pola Concellería de Cultura de Baiona, combinará diversas disciplinas culturais. Ademais, en outubro, haberá unha programación dedicada en exclusiva á memoria histórica como se ven facendo desde o ano 2019.
O pistoletazo de saída ao mes da memoria histórica darase este sábado, 1 de outubro, ás 19:30h no multiusos Mercado de Sabarís coa presentación do documental e o libro sobre a figura de Xosé Velo: A revisión da figura de Xosé Velo enfróntanos a unha persoa comprometida coa liberdade do ser humano e que fixo da súa vida un permanente compromiso con Galicia, dende a política, máis tamén dende a súa paixón pola escrita que agora sae a luz dende diferentes achegas.
O acto finalizará cun recital poético musical a cargo do músico Moisés Quintas.
Así mesmo, a segunda quincena deste mesmo terá lugar o Circuíto Galego de Teatro Amador.
A primeira das actividades terá lugar o próximo 14 de outubro no auditorio municipal V Centenario ás 20:00h. Trátase de un espectáculo de microteatro que contará coa interpretación de Hipócrita Teatro (Mitoloxía para Ignorantes), de Porta Aberta Teatro (A Dous Cadaleitos de Ti) e Lohengrín Teatro (Terra).
O sábado ,15 de outubro, o mesmo escenario acollerá ás 20:00 horas “Clowncertazo” de Falcatrueiros Monterroso.
O domingo, 16 de outubro, ás 12:00 horas o Auditorio volverá acoller una nova función baixo o título “D’FUNCIÓN” do Teatro Antas de Ulla. E pola tarde ás 19:00 horas Fauna 113 interpretará “Os veciños do lado”.
O Circuíto Galego de Teatro Amador da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) consiste nunha programación de catro funcións teatrais por sede. Este catro espectáculos son repartidos por toda Galicia. Desta forma, preténdese que as compañías actúen fora do seu círculo xeográfico. Ademais, esta iniciativa promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro.
“Esta programación foi deseñado co obxectivo de desestacionalizar as actividades culturais e de lecer e promocionalas durante todo o ano, optimizando recursos, dinamizando á súa vez a actividade socioeconómica do municipio e para o goce de toda a cidadanía” , sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal