O Paseo Riberia de Baiona acollerá a partir das 17:00h unha festa infantil de “fin de verán” organizada de forma gratuíta pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona e que forma parte da programación Baiverán 2022.
Os nenos e nenas da Villa poderá gozar de inchables, un taller de tatuaxes e flocos de millo gratis para todos aquelas persoas que se acheguen a gozar destas actividades gratuítas programadas para a diversión dos máis pequenos e pequenas.
A xornada acabará cunha sesión de cinema ao aire libre, tamén para público familiar. A Praza do Concello albergará a proxección da película “Space Jam, novas lendas” a partir das 22.30.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal