O Concello de baiona continúa celebrando o mes da Biblioteca Pública. O vindeiro luns, 16 de outubro, día das escritoras, estará na Biblioteca Pública de Baiona: Charo Pita, co seu contacontos: Porco porquiño, ensíname o camiño.
“Porco porquiño, ensíname o camiño: enriba, abaixo, diante, detrás, por onde vas? Tes algunha historia que contar?…”Contos, bromas, rimas e cancións porcas, porquísimas para pasalo en grande con toda a familia.
No edificio da biblioteca ás 18H para público de 0 a 6 anos, acompañados dunha persoa adulta. Duración: 40 min.
Para participar é imprescindible a inscrición previa para cada un deles no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no 986 35 59 43.
A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, está a ofrecer contacontos infantís a través do programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito” con motivo da celebración ao longo do mes de outubro do mes da Biblioteca Pública que se celebra o próximo 24 de outubro.