O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, clausura a programación especial polo Mes da Memoria Histórica este venres 28 de outubro ás 20:00 no Multiusos de Sabarís coa presentación do libro de Carlos Méixome Quinteiro “O Terror nas Tebras e outras catas na memoria”.
Durante este mes de outubro veuse desenvolvendo unha programación dedicada en exclusiva á memoria histórica como se ven facendo desde o ano 2019.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal