
O evento terá lugar no Parador de Baiona este xoves 1 e venres 2 de outubro de 2026
A conmemoración de o IV Centenario da morte de don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, é un evento cultural de tal relevancia, que o Concello de Baiona e a Xunta de Galicia quixeron poñer en valor a través da organización dun Simposio de 2 días que repasará os capítulos máis sobresalientes da vida do diplomático máis influente da Monarquía Hispánica na corte de Jacobo I.
Será este 1 e 2 de outubro no Parador Conde de Gondomar. Baixo o título “Osar morir da la vida” 400 anos do falecemento do Conde de Gondomar 1626-2026, o Simposio transcende o ámbito académico cun proxecto integrador de investigación de vangarda con seis relatorios impartidos por expertos nacionais e internacionais sobre a súa figura.
Tamén poderemos desfrutar dunha visita guiada, “Os lugares do Conde”, que nos achegará ao seu legado patrimonial e cultural para acabar cun concerto de Polifonía Renacentista Hispano-Inglesa a cargo do Coro de Cámara Rías Baixas, na Capela do Parador.
Os organizadores quixeron render esta homenaxe á súa figura, xa que encarna a defensa da cultura, a palabra e os intereses da sua “matria” galega fronte ao mundo.
Concello de Baiona




