Hai quen inicia a festa do día 24 unhas horas antes e denomínao ‘Tardebuena’ ou como se coñece na vila mariñeira a “mítica tarde de viños”. Tamén están os mozos e mozas que asolagan as prazas para mediados de decembro para celebrar a Noitevella Unversitaria e os que como Baiona este sábado, 17 de decembro, adiántase unhas semanas ao fin de ano para celebralo xunto ao resto da localidade. É o caso dos habitantes de Baiona, que na noite deste sábado Baiona cumpren cunha recente tradición, a das Pre-Badaladas de fin de ano, na que todos os veciños e veciñas e un bo número de persoas doutras localidades recibirán o novo ano con antelación. Primeiro cos amigos, e despois coa familia, os baioneses e baionesas gozarán da festa que despide o ano por partida dobre.
E é que aínda que a festa oficial comece unha hora e media antes das doce da noite (22:30h), “Bloquinho Aperta” poñerá ritmo á noite baionesa cun pasacalles polo Centro histórico de Baiona para terminar na Alameda Carabela Pinta, o lugar que se estableceu na Vila de maneira oficiosa para celebrar por adiantado a chegada do novo ano.
“Ao final é un día para xuntarse, celebrar todos e todas xuntos e despois dar a benvida ao novo ano. Ese é a orixe da festa, é a razón pola que desde a Concellería de Cultura de Baiona apoiamos esta celebración”. O plan é que “ esta iniciativa de ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona) posta en marcha por primeira vez en 2018, chéguese a considerar unha tradición para toda a poboación e todos aqueles que veña a Baiona a divertirse. Noo é que sexa unha actividade ideada só para xente nova senón que a poboación máis maior do municipio e dos arredores, saian e veñan recibir o novo ano con antelación e a divertirse. É dicir, que se converta nunha cita permanente no calendario do noso BaiNadal”, afirma o alcalde, Carlos Gómez Prado.
Ademais do pasacalles farano co concerto de “La Patrulla”, tras as pre-badaladas ás 00:00h.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal