Baiona ofrecerá durante a Festa da Arribada unha alternativa para estacionar o coche. Grazas á colaboración de Zona Franca habilitarase en Porto do Molle unha bolsa de estacionamento de vehículos, con autobuses lanzadeira que achegarán aos usuarios á zona centro de Baiona.
Para evitar o tráfico que se concentra na entrada á vila, os autobuses utilizarán a autoestrada AG-57 para completar o traxecto entre Nigrán e Baiona, saíndo en Baredo, con traxectos de ida e volta cada media hora.
Tanto o aparcadoiro en Porto do Molle como o traslado en autobúes sera totalmente gratuíto, e estará operativo na xornada do sábado de 13:00h a 00:00horas e o domingo de 11:00 a 22:00 horas. D De este modo, os visitantes poderán estacionar os seus vehículos nunha zona segura e gozar tranquilamente da festa medieval.
Nesta nova edición da Arribada, como novidade poranse en funcionamento Lanzadeiras nocturnas Baiona-Vigo. A concesionaria do servizo de transportes de viaxeiros Lugove ofrecerá este servizo a madrugada do Domingo 06 de marzo con saída desde a entrada do parador ás 00:30h, ás 02:00h e ás 4:00h.
Así mesmo, como en anos anteriores, habilitaranse estacionamentos na estrada da Costa, en Sabarís, garantirase o acceso aos aparcadoiros de “A Palma” e “O Aral”. Tamén se aconsella aos condutores, en Sabarís, tomar o desvío pola circunvalación cara a Baredo.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal