
A sala da Capitanía Marítima de Baiona acolleu onte a última das conferencias do Ciclo Cultural Baiverán 2026.
“Nerón, Emperador” foi o protagonista do relatorio do Catedrático de Latín da Universidade de Vigo, Francisco Ledo Lemos. Ledo izo un percorrido pola vida do emperador e tamén aclarou moitos mitos acerca do mesmo.
O relatorio está enmarcada dentro do ciclo de conferencias organizado polo Catedrático Antonio Piñero, quen leva xa doce anos organizándoas para ofrecer na Vila unha oferta de nivel cultural.
Realizadas todos os xoves de xullo e agosto ás 20:00h na Capitanía Marítima, pola sala pasaron relatoras de alto nivel con conferencias de distintas temáticas.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, cualificou “como éxito absoluto a celebración do ciclo de conferencias. Éxito na asistencia de público, éxito dos temas e asuntos tratados polos relatores.” Un éxito do que, por suposto, Almuiña, atribúe ao historiador e escritor Antonio Piñero encargado de organizar este ciclo de conferencias cultural.
Concello de Baiona





