Baiona prepárase para a celebración do Corpus Christi
Baiona prepara con ilusión a celebración do Corpus Christi que se celebra este domingo 19 de xuño. O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, achegouse aos lugares onde estanse facendo os labores previas de esfollado, para saudar aos veciños e veciñas voluntarias que o domingo engalanarán cos seus traballo as rúas do centro histórico de Baiona.
Tras os traballos de recollida e preparación da flor, a confección comezará a véspera da procesión a partir das 22:00 horas do sábado 18 de xuño, cando se pechará ao tráfico todas as zonas sinaladas para que os veciños e veciñas poidan traballar toda a noite.
O Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) convocaron o tradicional certame de alfombras florais do Corpus, que adornarán o percorrido da procesión.
A procesión, que sairá o domingo tras a Misa de 12:00, realizará o percorrido habitual polas rúas engalanadas a noite anterior. A comitiva discorrerá por Manuel Valverde, Conde, Ventura Misa, Lorenzo de la Carrera, San Lorenzo e San Juan, ata chegar á praza de Santa Liberata onde se bailará a tradicional “Danza dás Espadas”. A Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia acompañará coa súa música durante toda a procesión e o baile da danza.
O Corpus foi sempre un Día Grande para Baiona. Xa os seus antepasados engalanaban as súas rúas con plantas, flores e todo aquilo que contribuíse a decorar o traxecto polo que discorría a procesión. Desde entón numerosas persoas danse cita para confeccionar as alfombras florais.
O traballo é laborioso pero grazas á dispoñibilidade de moitos veciños e asociacións do municipio, que varios meses antes comezan a recoller as plantas e flores como o caravel, rosa, mirto, talos,…para proceder a esfollar e para realizar unha paleta vexetal de cores que enchen caixas e caixas.
Estas caixas servirán para posteriormente encher os debuxos que se deseñan polas rúas do casco e que durante a noite deste sábado procederanse a decorar. Esta noite reúnense centos de veciños e veciñas para participar neste arduo labor.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez prado, “destaca o gran labor altruísta levada a cabo polos veciños e veciñas de Baiona que co seu traballo volverán cubrir de beleza e flores as rúas empedradas do Centro histórico baionés, permitindo a todos e todas gozar desta bonita tradición”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal