A conmemoración do 530 Aniversario do Descubrimento de América e o V Centenario da Primeira Circunnavegación á Terra foron os episodios revividos este luns na Real Villa de Baiona, nunha xornada especial marcada pola presenza do Buque Escola da Armada Española Juan Sebastián de Elcano, que fondeou durante 8 horas na enseada, ofrecendo unha imaxe extraordinaria de beleza singular, a quen desde as súas marxes achegáronse a contemplalo ou ben puideron acompañalo na súa saída, coa Parada Naval organizada para ese efecto.
Tras a montaxe da Escala Real, o Comandante do Juan Sebastián de Elcano, Manuel García Ruiz, recibiu a bordo a unha destacada representación institucional, encabezada polo Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado pola Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; os deputados provinciais Carlos Font e Gorka Gómez, así como o presidente do Monte Real Club de Iates de Bayona, José Luís Álvarez, coorganizador de maneira conxunta co Concello da homenaxe, así como o Comandante Naval de Vigo, Antonio Couce.
Tras unhas breves palabras de benvida, García Ruiz fixo de excepcional guía das autoridades nun percorrido polo lendario buque. Ao seu termo, desembarcaron polo pantalán da Carabela Pinta, con 25 guardiamarinas que se dirixiron cara aos Xardíns da Casa da Navegación, onde se celebrou o acto principal da Homenaxe á Armada Española, e onde xa lles agardaban a Corporación Municipal, así como o máximo representante da Armada Española en Galicia, o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol – ALARFER – Ignacio Froitos, e unha ampla representación das entidades e institucións que velan e protexen a seguridade e salvagarda da mar.
O alcalde, de Baiona, Carlos Gómez Prado, exerceu de anfitrión da localidade durante toda a xornada. Tras a visita ao buque escola das autoridades, os xardíns da Casa da Navegación acolleron en terra baionesa o acto de homenaxe á Armada Española e á conmemoración do 530 Aniversario do Descubrimento de América e o V Centenario da Primeira Circunnavegación á Terra.
O acto comenzo cun intercambio de metopas. O rexedor fixo entrega dunha metopa moi especial ao Comandante Comandante do Buque Escola Juan Sebastián Elcano, D. Manuel García Ruiz. Tratouse dunha escultura da Carabela Pinta realizada pola artista de Baiona Irene Silva Xiráldez. Pola súa banda o comandante fixo entrega dunha metopa coa silueta Juan Sebastián Elcano.
Interviñeron no acto, o Presidente do Montereal Club de Iates de Baiona, José Luis Álvarez, o Deputado provincial, D. Carlos López Font e o Almirante Arsenal de Ferrol (ALAFER), D. Ignacio Froitos. Pechou a quenda de intervencións, Alcalde de Baiona, D. Carlos Gómez Prado, cun emotivo discurso no que destacou ”En tempos nos que algúns se empeñan en relativizar os valores sobre os que forxamos a nosa historia recente, estamos obrigados a defender a integridade das nosas institucións. Debemos poñer en valor as excepcionais accións, méritos e relevantes servizos prestados a favor dos intereses xerais da sociedade por parte dun buque que emprendeu o seu primeiro cruceiro de instrución en 1928”.
Quen finalizou expoñendo que “500 anos desde Baiona con este humilde acto buscamos honrar á Armada e aos seus mariños conmemorando esta xesta naval e poñendo en valor a contribución española á navegación e á exploración, así como a achega da Armada á historia e configuración de España e do mundo. Aos baioneses e baionesas únenos coa Armada Española valores profundos, somos xentes da mar con valores inmutables e ternos: TRABALLO, VALOR, DESTREZA E HOSPITALIDADE”.
Entre as persoas asistentes ao acto de homenaxe a Armada Española nos xardíns da Casa da Navegación había tamén membros da Corporación do Concello de Baiona así como representantes de distintas asociacións baionesas.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal