A compañía Sempre Arriba Clown&Circo presentará este Martes 19 de Julio o seu espectáculo
C´est pas posible en Baiona. Este evento forma parte da programación de verán Baiverán do Concello de Baiona e conta co patrocinio da Xunta de Galicia dentro do programa «Cultura non Camiño 21-22».
C´est pas posible é un espectáculo en clave de clown que nos convida a ver que si é posible saír da rutina. Unha viaxe cara ao reencontro cun mesmo e o pracer de vivir e compartir.
Usando o clown como linguaxe, e en comunicación directa co público, neste espectáculo ponse de manifesto a dualidade que moitos vivimos por dentro, aprendemos a ser eficaces, a cumprir prazos e expectativas, e esquecémonos de deixarnos ser e gozar.
Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, que convida o público a empaparse das emocións que este personaxe vive en escena.
Sinopse
Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función. Afeita traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Gran Artista brille en escena.
Responsable, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma. Pero hoxe a súa rutina vai ser alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, levándoa a facer aquilo que cría imposible.
Información do evento
• Lugar: Xardíns da Casa da Navegación do Concello de Baiona.
• Data e hora: Martes 19 de Julio a partir das 21:30 horas.
• Entrada: A actividade será gratuíta.
• Evento organizado por a Concellería de Cultura de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal