O cabalo marchador ou cabalo tradicional de andaina de Galicia será este domingo o protagonista de varias actividades programadas en Baiona. Cabalos e xinetes representantes do proxecto de Recuperación do Cabalo Marchador Galego,acudirán a Baiona para, da man da Asociación Finca e do seu Director, Adrián Martins, realizar un roteiro pola Serra da Groba, para ademais de gozar das espectaculares vistas, realizar un videoreportaje sobre a raza. Desprazaranse máis de media ducia de criadores para mostrar a gran valía destes cabalos para a realización de roteiros. Pola tarde ás 16:30 h realizásense unha exhibición de andaina xunto a unhas carreiras en paralelo, nas proximidades da Virxe da Roca, para todo o público que lle apeteza coñecer un cabalo de andaina galega tradicional.
O Concello de Baiona colabora nesta iniciativa.
Que é un Cabalo Marchador Galego?
Desde hai case 2 anos ,a asociación de criadores do Cabalo Pura Raza Galega (PURAGA), liderada polo xestor do proxecto, Nacho López, están a traballar na recuperación dunha raza de cabalos autóctona, descendente dos cabalos salvaxes dos montes, que realiza a Andaina Galega ,deporte hípico exclusivo do noso territorio e parte de Portugal, de forma natural. Para iso se esta realizando un rexistro veterinario,con toma de sangue e pelo dos exemplares susceptibles de pertencer, para a realización dun libro de raza, e así evitar que se sigan producindo cruces con outras razas e manter un censo para a súa revalorización e promoción.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal