Comeza o II Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras” que se impartirán os martes de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 h. Mañá iníciase co Catedrático de Literatura Española e escritor, Fernando Bartolomé Benito que impartirá unha conversa baixo o título “1595. Drake, Baiona…y el Conde de Gondomar”.
Este ciclo de conferencias está organizado desde el Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Se inició no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia.
Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado MULTIUSOS MERCADO DE SABARÍS (Benito Fariña, 3).
O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal