
A festa celebrarase o 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2026
Desde este xoves 15 ao venres 30 de xaneiro, ambos inclusive, estará aberto o prazo de solicitudes para participar no Real Mercado Medieval da Arribada 2026.
Todas aquelas persoas que o desexen poderán solicitar posto de venda no Real Mercado Medieval, que este ano cumpre a sua XXX Edición e na que se conmemora o 533 Aniversario da Arribada.
Tanto as bases reguladoras do mercado como a solicitude (Anexo I e II) poderanse descargar da páxina web www.baiona.gal, a partir do xoves 15 de xaneiro. Así mesmo, para dúbidas e aclaracións habilítase o correo electrónico mercadoarribada@baiona.gal e o número de teléfono 699199400, de luns a xoves en horario de 17:00 a 20:00h.
A organización da festa xa está a traballar para que o 533 Aniversario da Arribada conmemórese como se merece, ao grande.
Concello de Baiona
Bases reguladoras Mercado Arribada 2026
Solicitude de participación Festa da Arribada 2026
Anexo I- Declaración Xurada- Festa da Arribada 2026
Anexo II- Taxas autorización postos de venda ambulante Festa da Arribada 2026





