
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza un ano máis un certame de micro-beléns en Sabarís. A finalidade é potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as tradicións culturais e fomentar as actividades en familia.
O tamaño do micro-belén non poderá exceder de 30×60 centímetros, e todos os traballos presentados a concurso estarán expostos do 14 de decembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025 no edificio Multiusos Mercado de Sabarís. Establécense as seguintes categorías: micro-belén máis orixinal, micro-belén máis laborioso e micro-belén máis popular, elixíndose este último por votación popular.
Así mesmo, este certame conta coa categoría de belén familiar en domicilio particular, o cal terá un tamaño libre. A inscrición para participar realizarase na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da súa Sede electrónica, ata o 9 de decembro, cubrindo o correspondente formulario xunto co DNI. Más información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385921.
Concello de Baiona
Bases Certamen Microbelenes 2025
Solicitud certamen Micro-belenes 2024-2025





