
A programación de actividades da Concellería de Cultura para a XXX Festa da Arribada de Baiona, inclúe a celebración de conferencias nesta semana. A primeira terá lugar este mércores 25 ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Navegación, e correrá a cargo de María Ángeles Pérez Samper.
Licenciada en Filosofía e Letras por a Universidade de Barcelona, é Doutora en Historia e dende 1997, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Barcelona. Dende 2020 é catedrática emérita. Como sempre, a entrada é libre até completar aforo.
O seu relatorio titulado España e América na Idade Moderna: O gran intercambio de alimentos, céntrase nun aspecto pouco divulgado de entre o conxunto dos efectos do descubrimento de América, como foi o da alimentación. Os novos produtos americanos van ter unha notable importancia económica como a pataca, ao permitir a superación das crises e fames polas malas colleitas de cereais, ao tempo que enriquecen a dieta e levan a unha nova variedade culinaria.
Concello de Baiona





