Con motivo do Día das Letras Galegas, este ano adicado ao Cancioneiro popular galego, levarase a cabo na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, o espectáculo “Dende Rosalía as Cantareiras” a cargo de A Xanela do Maxín. Celebrarase o venres 16 de maio, ás 18H.
E nn un espectáculo que nace coa intención de honrar e poñer en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras galegas. Desde a Voz inmortal de Rosalía de Castro ata a forza colectiva das cantareiras. Celebramos a súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura e esta dirixido a un público familiar de a partir de tres anos de idade.
A través da literatura, o teatro e a música, percorremos as súas vidas e obras, redescubrindo a pegada imborrable que deixaron na nosa identidade galega. Unha homenaxe vibrante ás mulleres que fixeron da palabra e do canto unha herdanza inesquecible.
A Biblioteca Municipal de Baiona ofrece un catálogo de libros renovado con constantes adquisicións de novidades editoriais, no que se inclúen os libros de Rosalía de Castro ata os cancioneiros das cantareiras.
Dende o concello de Baiona invitamos a tódolos veciños e visitantes a participar en este evento que achega a os mais novos a cultura do noso pobo galego.
Concello de Baiona.