
Na programación de actividades da Concellería de Cultura para a XXX Festa da Arribada de Baiona, a seguinte conferencia terá lugar este xoves 26 ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Navegación, e correrá a cargo do profesor de Historia da arte dela Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, Juan M. Monterroso Montero.
A súa exposición, titulada “El tornaviaje a Galicia. Una relación de ida y vuelta con América”, poñerá luz na nova cosmovisión que xorde a finais do século XV co descubrimento de América e o inicio do fluxo de persoas e ideas desde os dous lados do Atlántico. A importancia da pegada de América no patrimonio e a cultura galega será analizada nesta intervención.
Ata 2002 foi profesor de Conservación do Patrimonio, Historia da arte e Deseño da Universidade da Coruña. Director do Departamento de Historia da arte entre 2003-2008 e decano entre 2008-2016. Desde 2003 coordina o grupo de investigación Iacobus. Actualmente, é director do departamento de Historia da arte. Como sempre, a entrada é libre ata completar aforo.
Concello de Baiona





