O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do Certame de Micro-beléns organizado por a Concellaría de Cultura xunto coa Asociación de Empresarios de Sabarís Coemsa.
Na categoría de micro-belén máis orixinal resultou gañadora María Martínez Lorenzo (Familia Sierra Martínez), mentres que na categoría de micro-belén máis laborioso produciuse un empate entre José Benito Piñeiro Martínez (Bucanero) e M.ª Esther Varela González (Santiago Vaz Familia).
Respecto ao premio ao micro-belén máis popular, a votación online e os votos recolleitos “in situ” deron como gañadora a Somnia M.ª Álvarez Belo con 113 votos emitidos ao seu favor.
Este certame compleméntase coa categoría Belén familiar en domicilio particular do que resultou gañadora Ynés Valentina López.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, foron os encargados de facer entre dos diplomas ás distintas persoas premiadas.
No certame participaron un total de 15 micro-belenes que foron expostos no Multiusos Mercado de Sabarís durante a época do Nadal.
A finalidade deste concurso foi a de potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as nosas tradicións e fomentar as actividades en familia.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal