
Desde o Concello de Baiona infórmase os veciños e visitantes que debido á situación sanitaria derivada da gripe aviaria, a Xunta de Galicia informa desfavorablemente á autorización da exhibición da cetrería e exposición de aves rapaces na Festa da Arribada deste ano.
A decisión responde a criterios estritamente sanitarios e de protección da saúde pública e animal, seguindo as recomendacións das autoridades competentes en materia de sanidade animal.
A presenza e concentración de aves en eventos multitudinarios pode supoñer un risco potencial de propagación, polo que se optou por aplicar o principio de precaución. A festa da Arribada é un evento emblemático do Concello de Baiona e congrega a miles de visitantes, polo que a organización prioriza a seguridade e cumprimento da normativa vixente sendo unha medida exclusivamente preventiva e temporal.
A organización agradece a comprensión de profesionais da cetrería, participantes e público en xeral, reiterando o seu compromiso coa protección da saúde pública, o benestar animal e o correcto desenvolvemento da Festa da Arribada.
Concello de Baiona





