A sala multiusos de Sabarís acollerá desde o 17 ao 31 de agosto de 2024 unha exposición colectiva de pintura, debuxo, fotografía e escultura dos artistas Santiago Riera, Jacobo Gavira, Joaquín Arjona e Víctor Lorenzo.
A mostra inaugúrase mañá sábado 17 de agosto ás 19:00h. e no devandito acto de inauguración haberá música, poesía e moita arte.
Como actividade paralela á exposición, o día 22 de agosto ás 22:00h. na mesma sala, terá lugar a proxección do documental “Temtempié. Gusto y Memoria” obra do director de cinema Luis Mengs e de Jacobo Gavira, pintor e un dos participantes na exposición colectiva que acolle a sala multiusos, que foi finalista no apartado de curtametraxes do Festival de Cinema de Málaga, onde contaremos coa presenza dos seus directores.
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona convida á cidadanía para participar e a gozar do devandito acto de inauguración e da proxección do documental, actividades que complementarán a oferta cultural en Sabarís.