Sabarís prepárase para as grandes festas na honra de Santa Cristina os próximos días 22, 23 e 24 de Xullo‼
🎊 As celebracións comenzarán o sábado día 22 coa actuación da orquestra Costa Blanca e o Trío D`Lider.
🥳 A xornada do domingo comezará a partir das 10:00 co pasarrúas e actuación da Charanga “Vai de Baile” e pola noite a actuación da orquestra Saudade e Trio Azar.
⛪️🎵O luns día 24, o día propio da patroa, ás 12:00h oficiarase a Misa Solemne en honra á Santa Cristina cantada pola Coral Polifónica de Belesar, seguida da procesión. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Alabama e o o Trio X’TRA. Ás 11:00h haberá unha actuación do grupo de gaitas “Os Terribles de Donas”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal