O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, acudiu esta mañá á inauguración da mostra “Baiona Patchwork” que traballa na reprodución de 14 pinturas do artista baionés Caíno.
Ana Barreiro, Ana Pacín, Ana María Vilar, Carmeli Figueirido, Diana Cedeira, María Monserrat, María Pérez, Nuria González e Sonia Blach son as veciñas que forman o ‘Grupo Baiona Patchwork’, unha iniciativa sen ánimo de lucro que naceu hai pouco máis dunha década da man de Li Goce, que as formou nas técnicas básicas da modalidade.
“Baiona Patchwork” expoñeranse en Capitanía do 1 ao 12 de xuño.
“Auténticas obras de arte” en palabras do rexedor que encomiou o traballo realizado polas veciñas do municipio.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal