
O Concello de Baiona informa de que xa está aberto o período de inscricións para poder participar na comparsa dos Xigantes e Cabezudos e en o tradicional concurso de cucañas marítimas, que se levarán a cabo na nosa vila con motivo da Festa da Anunciada 2026.
A comparsa dos Xigantes e Cabezudos, desfilará polas rúas do Centro histórico de Baiona o sábado 1 e o domingo 2 de agosto, con saída ás 11:00h desde a Praza do Concello, e estará composta por dez cabezudos, que seran, A Ratiña, o Popeye, o Diaño, o Napoleón, o Negro, a Negra, o Pallaso de cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato de cabeza pequena e a Bruxa de cabeza pequena e dous Xigantes, o Rei e a Raíña, que bailarán ao son da música durante o percorrido, establecéndose os seguintes premios:Cabezudo 30 euros e Xigante 150 euros.
As inscricións formalizaranse no rexistro do Concello de Baiona ou na súa sede electrónica ata as 13:00h. do xoves 30 de xullo, sendo a idade mínima de participación os 12 anos cumpridos.
Por outra banda, o concurso de Cucañas Marítimas terá lugar o domingo 2 de agosto, ás 17.00 horas, no porto pesqueiro de Baiona, e a organización establece dous tipos de premios: a Bandeira normal a 10 euros e a Bandeira especial a 20 euros.
O mesmo que na edición do ano anterior, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona patrocinará a bandeira Aceba por importe de 25€, coa colaboración dos establecementos da vila.
Concello de Baiona
Autorización menores cucañas 2026
Bases concurso cucañas maritimas 2026
Bases Gigantes y Cabezudos 2026 – La Anunciada
Solicitud de participación comparsa Gigantes y Cabezudos La Anunciada 2026
Autorizacion menores comparsas Gigantes y Cabezudos La Anunciada 2026





