A escritora Iria Misa presenta este venres, 17 de novembro, ás 19:30h, o seu libro “ Unha veciña de película”, no Multiusos Mercado de Sabarís. O evento está aberto a toda a veciñanza ata completar aforo. Esta actividade forma parte da programación “Baiona Lila”, a programación organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade,con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.
Esta actividade forma parte da programación “Baiona Lila”, a programación organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade,con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal