Esta mañá a Alameda Carabela Pinta acolleu a presentación da Segunda Edición do Festival “ La Recta” que se celebrará o vindeiro sábado 11 de xuño no emblemático enclave da Avenida da Praia Ladeira. No acto estiveron presentes o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA) e unha representación dos empresarios que na época dourada da recta tiveron locais tan emblemáticos como o Persígueme Rodríguez, o Yaba, A Bici, Banús,Elíxeme ou o Villa María nesta coñecida zona de lecer baionesa.
Carlos Segarra, voz dos Rebeldes, foi a estrela do pop rock dos 80 que puxo ritmo á presentación na que se desvelou o cartel do festival: Los Rebeldes, La Guardia e La Frontera.
Os baioneses e baionesas que se achegaron ata o lugar gozaron dun pequeno aperitivo do que será o festival coa actuación de Segarra, un home-guitarra ambulante, á vella usanza: sempre aferrado ao seu chapeu cowboy, tanto levanta unha festa como encabeza un festival de nostalxia ochentera, como o é o de “La Recta” de Baiona.
A idea é levar a cabo un Festival para Baiona, que se consolide no tempo e que recolla a varias xeracións, música sen data de caducidade que nos traslade a “calquera tempo pasado foi mellor. Concertos e gastronomía que faga lembrar aos que a viviron e ensinen aos que non tiveron a oportunidade de facelo. Queremos converter Baiona nun referente da época dourada do Pop español”, sinala a concelleira de cultura, Miriam Costas.
“Si te acuerdas de los 80 es que no los viviste”. Esta frase de Loquillo mide os graos de implicación na década en que España fíxose moderna e deixou o mito da ‘movida’ asociado a un tempo. A “movida” foi principalmente Madrid. Tamén o foi Vigo e Baiona era unha das principais paradas da movida viguesa.
O espazo escollido o evento non podería ser outro que a Avenida da Praia Ladeira, enclave ideal para contextualizar os anos 80 baioneses. epicentro da Recta de Baiona.
Seis horas de música, desde as 19:00 ata a 2:00 A. M aproximadamente, trasaladarán aos oitenta a todas as persoas que se acheguen a gozar da música.
Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez, destaca que “ Tras o éxito do primeiro festival do ano pasado desde o Concello de Baiona apostamos por unha segunda edición na que dar continuidade ao involucramento a diferentes sectores, como a hostalería de Baiona e por suposto aos veciños e veciñas a través do propio Concello. É un festival que nace con afán de chegar a consolidarse no panorama musical, para iso, o Concello quen patrocinará todo o evento para ofrecelo en formato gratuíto. É unha oportunidade única de reinvindicar a historia da movida baionesa. Tamén un recoñecemento a todo os empresarios e empresarias que apostaron por esta zona de Baiona e que co seu traballo e esforzo conseguiron posicionar a localidade en parada obrigatoria do roteiro da famosa movida ochentera”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal