A Avenida da Praia Ladeira acolle este sábado, 11 de xuño, a partir das 19:00h e ata as 2:00 h aproximadamente o festival “La Recta”.
O cartel do festival compóñeno: Os Rebeldes, A Garda e La Frontera. Máis de seis horas de música trasladarán aos oitenta a todas as persoas que se acheguen a gozar da música.
“Si te acuerdas de los 80 es que no los viviste”. Esta frase de Loquillo mide os graos de implicación na década en que España fíxose moderna e deixou o mito da ‘movida’ asociado a un tempo. A ‘movida’ foi principalmente Madrid. Tamén o foi Vigo e Baiona era unha das principais paradas da movida viguesa.
O espazo escollido o evento non podería ser outro que a Avenida da Praia Ladeira, enclave ideal para contextualizar os anos 80 baioneses, epicentro da Recta de Baiona.
O Alcalde, Carlos Gómez, destaca que “ Tras o éxito do primeiro festival do ano pasado desde o Concello de Baiona apostamos por unha segunda edición na que dar continuidade ao involucramento a diferentes sectores, como a hostalería de Baiona e por suposto aos veciños e veciñas a través do propio Concello. É un festival que nace con afán de chegar a consolidarse no panorama musical, para iso, o Concello quen patrocinará todo o evento para ofrecelo en formato gratuíto. É unha oportunidade única de reivindicar a historia da movida baionesa. Tamén un recoñecemento a todo os empresarios e empresarias que apostaron por esta zona de Baiona e que co seu traballo e esforzo conseguiron posicionar a localidade en parada obrigatoria do roteiro da famosa movida ochentera”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal