Os baioneses, baionesas e persoas visitantes poderán gozar os xoves de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:00 horas dun total de 5 relatorios de temática variada e diversa que versarán sobre temas de actualidade e interese xeral como a saúde, a cultura, a historia, a literatura, etc. Estas conferencias súmanse á ofertadas na Programación Baiverán 2023 baixo o título “O Falar das Pedras” organizadas desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona.
Aqueles que se pasen os xoves do verán polo número 3 de rúa Dr. Benito Fariña (Multiusos Mercado de Sabarís) poderán gozar dun amplo abanico de conferencias moi diversas con relatoras de recoñecido prestixio pertencentes a universidades de todo o País.
Organizadas pola Concellería de Cultura e coordinadas por Don Antonio Piñero, estas conferencias pretende: “ser unha cita obrigada para os amantes do faladoiro con catedráticos de primeira orde que nos penetrarán en temas de actualidade e interese xeral.”
Hoxe, xoves, 10 de agosto, cita co relator David Hernández de la Fuente “Animales, monstruos y maravillas en el mundo griego y romano antiguo” ás 20:00h no Multiusos Mercado de Sabarís.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal