Mañá a cita de “O Falar das Pedras” é con Manuel Blanco Desar, autor de “Huir de Progeria”, a súa última obra publicada en 2020, onde de forma novelada, expón a realidade e a problemática dunha sociedade en colapso demográfico. Un tema do que, como di o autor, todos escapamos pero no que estamos inmersos.
Daranos moito que reflexionar…
Este ciclo de conferencias está organizado desde el Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia.
Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado Multiusos Mercado de Sabarís (Benito Fariña, 3).
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal