
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu esta mañá xunto ao seu equipo de goberno no Concello a Mohammed Jumeh, embaixador e delegado permanente da República do Iemen ante a UNESCO. O embaixador visitou Baiona e desde o goberno municipal quixeron aproveitar a oportunidade de realizarlle unha recepción oficial. Jumeh acudiu a Baiona acompañdo por Vanesa Lago, profesora en Nova York , Estados Unidos.
Mohammed Jumed é xornalista e escritor e o que a fixo vir ata Baiona foi o Camiño de Santiago e o patrimonio que se atopa ao seu paso. O Alcalde fíxolle entrega dun pequeno obsequio como recordo do seu paso por Baiona. Tras a visita e o percorrido polo Concello de Baiona o embaixador realizou unha visita pola Carabela A Pinta. A visita á carabela e ao resto de monumentos da Vila deixou impresionado ao embaixador.
Concello de Baiona





